Trío Vegabajeño
O trío Vegabajeño foi un trío portorriqueño de música latinoamericana formado en 1943. Destacaron no xénero do bolero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse ao coincidiren nun campamento militar Fernandito Álvarez, Octavio González e Benito de Jesús. Ao pouco de se unir na agrupación musical fixeron a súa presentación radiofónica, no programa de Rafael Quiñones Vidal, onde foron bautizados como Trío Vegabajeño, que cantaba a dúas voces.
En 1945 o exército norteamericano recrutou a Octavio González, razón pola que foi substituído por Pepito Maduro, co cal comezaron a cantar a tres voces, novidade na illa[1]. Gravaron por vez primeira en 1946.
En 1952, talvez influenciados polo estilo imperante de Los Panchos, xa moi querido en toda Latinoamérica, comezaron a empregar o requinto, sendo o instrumentista Jorgito Hernández, quen contribuíu a facer do trío un dos máis destacados do momento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trío Puertorriqueño de Música Romántica Arquivado 29 de xullo de 2010 en Wayback Machine., reportaxe na Fundacion Nacional Puertorriqueña para la Cultura. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil e carátulas do trío. (en castelán)
- Biografía de Pepito Maduro, membro destacado da agrupación. (en castelán)
- Tema "Sufre"
- Tema "Lo nuestro terminó", compuesta por Noel Estrada e interpretada polo Trío Vegabajeño.